O Concello do Porriño prepárase para vivir un verán de éxito. Así é, tras o anuncio hai uns meses da actuación de Antonio Orozco no Porriño, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, vén de anunciar o novo festival nado no municipio, “o Petra Rosa Festival”, que contará coa actuación de Pablo López e Sergio Dalma.
A cita promete ser un evento musical de gran nivel e que terá lugar nas canteiras porriñesas. De aí o seu nome, que fai referencia a pedra típica da zona, o granito Rosa Porriño.
En concreto, as confirmacións para este evento musical son: Unha festa Bresh, o 25 de xuño; a actuación de Pablo López o 26 de xuño; a de Antonio Orozco o 27 de xuño e Sergio Dalma o 28 de xuño. A maiores, segundo informou o rexedor local, poderán sumarse voces de artistas locais co fin de “apostar por artistas emerxentes”.
As entradas para Antonio Orozco xa se encontran dispoñibles; mentres que o resto sairán este venres 27 de xuño ás 14 horas en www.petrarosafestival.com.

