Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsComarcasOperación contra o narcotráfico a gran escala en Salceda

Operación contra o narcotráfico a gran escala en Salceda

Salceda de Caselas espertou na mañá do mércores cun gran despliegue da Unidade Central Operativa da Garda Civil, concretamente na rúa Victoriano Pérez Vidal, que concluiu ás 11:30 horas cunha persoa detida.

Máis dunha vintena de axentes, segundo constataron algúns veciños da zona, chegaron en torno ás 7:00 horas á rúa situada preto do centro da vila. Unha vez alí, accederon a un edificio, botaron abaixo a porta dun piso e detiveron a unha persoa.

Ata o de agora, non se coñece nin a identidade nin os delitos polos que se lle acusa á persoa detida. O rexistro ten relación dunha búsqueda de droga, diñeiro e documentos vinculados ao tráfico de drogas a grande escala.

Así, a operación está baixo secreto sumario e realízase por efectivos ao marxe dos destacamentos de Seguridade Cidadá da zona.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS