Mércores, Febreiro 4, 2026
HomeNewsComarcasDetido por tráfico de drogas no Porriño

Detido por tráfico de drogas no Porriño

Unha patrulla da Garda Civil detivo o pasado luns a un cidadán por un delito de tráfico de drogas no Porriño.

Os axentes atopábanse realizando o servizo e atoparon a un varón, coñecido por actuacións anteriores, ante unha actitude esquiva e nervosa, tras o que decidiron abordalo.

Ao entrevistarse con el, deciden proceder ao rexistro das súas pertenzas, atopando unha pipa para o consumo de estupefacientes e unha caixa de plástico con 20 gramos de cocaína.

A maiores, na riñonera levaba 270 euros en billetes fraccionados, presuntamente, de ventas realizadas ata o momento. Tales feitos foron motivo para a súa detención.

O detido é un varón de 42 anos, veciño da localidade, con antecedentes similares. O home foi posto a disposición xudicial e quedou en libertade con cargos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS