viernes, noviembre 1, 2024
InicioComarcasLouriñaArrancan as xornadas “Acompañando na aventura de crecer”

Arrancan as xornadas “Acompañando na aventura de crecer”

O centro cultural do Porriño acollerá este venres a primeira das sesións que inclúe un obradoiro sobre comunicación no conflito e a conferencia “Por que lle doe a tripa?” a cargo da psicóloga Gloria González

Comezan esta semana, no centro cultural, as xornadas para familias e profesionais “Acompañando na aventura de crecer”, impulsada polas concellerías de Cultura e Igualdade do Porriño a través da Biblioteca Municipal.
Esta segunda edición ten como novidade os obradoiros prácticos que se desenvolverán antes de cada conferencia, nos que se darán ferramentas útiles para aplicar cada día coa conciencia e o propósito de favorecer un bo desenvolvemento infantil.
O primeiro deles será este venres 14 de abril, a partir das 16.00 horas, e tratará a comunicación no conflito. O conflito é unha realidade en calquera relación, familiar, educativa… e pode levarnos a un muro separador ou pode tamén ser unha oportunidade para a transformación e o crecemento. Neste obradoiro, dirixido a nais, pais e profesionais do ámbito educativo e da saúde, aprenderemos as claves emocionais e comunicativas necesarias para aprender a manexar conflitos e convertelos nunha oportunidade
A partir das 19.00 horas dará comezo a conferencia “Por que lle doe a tripa”, na que a psicóloga Gloria González, dará as claves para entender o comportamento dos/as nenos/as. Dirixida tamén a nais, pais e profesionais do ámbito da saúde e da educación, na charla desenvolveranse as claves para entender o que nos están expresando os/as pequenos/as e co seu comportamento e como podemos abordar, dunha maneira máis adecuada, as necesidades que están a manifestar.
Gloria González, é psicóloga sanitaria, formadora e psicoterapeuta Clínico EMDR por EMDR Europa. É experta en desenvolvemento, apego e trauma. Tamén é coautora do libro El desafío de crecer (Aurum Volatile, 2020) xunto con Iñaki Pastor e Lucila To.

Consulta toda a información sobre estas xornadas en https://ecultura.net/

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS