lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasLouriñaLadrando ladrando a clase pasa voando

Ladrando ladrando a clase pasa voando

Máis de 200 escolares participan nos obradoiros de educación en valores asistidos por cans de terapia organizados polo Concello do Porriño

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e a OMIX, está a desenvolver nos centros educativos os obradoiros de educación en valores asistidos por cans de terapia “Ladrando ladrando a clase pasa voando”.
Nesta actividade participan 206 nenas e nenos de segundo de primaria do CEIP Antonio Palacios, CEIP de Atios, CEIP Cruz Budiño, CEIP Ribeira do Louro, CEIP Xosé Fernández López, CEIP Ribeira, CEIP Xosé Fernández López, CPR Hermanos Quiroga, CPR Santo Tomás e EI de Mosende.
“O obxectivo desta actividade é trasladar os beneficios que achegan os animais nas contornas escolares, co fin de traballar de forma transversal a educación en valores e a posesión responsable de mascotas”, explicou a concelleira Carolina González.
No mesmo sentido manifestouse o alcalde, Alejandro Lorenzo, que engadiu que se elaboraron para traballar tamén “o compañeirismo, o respecto, a integración, a solidariedade e a autoestima, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable”.
Nestes obradoiros abórdanse, entre outros temas, a educación en positivo o acoso escolar e os contratempos derivados de problemas de conducta.
A metodoloxía en todos eles é sempre activa, participativa, lúdica e integradora

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES