jueves, octubre 31, 2024
InicioNewsO PaísCarga policial, detencións e feridos nas protestas pola mexilla

Carga policial, detencións e feridos nas protestas pola mexilla

Carga policial en Santiago contra os bateeiros e percebeiros nunha nova xornada de reinvidicacións ante a Xunta que acabou con arrestos policiais.

Houbo unha persoa detida e outra ferida que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

As medidas anunciadas pola Xunta de Galicia non contentan a ambos os colectivos.

As mobilizacións buscan tentar derrogar o artigo 13 do decreto de decembro de 2019, que é precisamente o que regula os plans de explotación marisqueira.

Aínda que as protestas xa levan tempo producíndose en Compostela, as de este xoves eran máis tensas despois de que a Xunta anunciara a anulación das últimas aperturas de zonas de extracción de mexilla-que é a cría do mexillón- por un erro técnico na tramitación.

A conselleira de Mar, Rosa Quintana, garantiu o pasado mércores en Vigo que espera que poidan reabrirse «en próximas mareas».

A loita entre os traballadores que viven do mexillón e aqueles que o fan do percebe remóntase a décadas atráse a intervención da policía non é a primeira vez que se da.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS