Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeComarcasBaixo MiñoO Adventure Muíños do Folón busca os 500 participantes

O Adventure Muíños do Folón busca os 500 participantes

Trail Adventure Muíños do Folón anunciou a camisola oficial que vestirán tódolos participantes na edición do 2026. A comarca do Baixo Miño volverá a acoller o vindeiro 22 de febrero unha nova cita desta proba.

Un total de 500 corredores, cun máximo de 250 participantes por distancia, poderán desfrutar dun dos espazos máis espectaculares de Galicia, os Muíños do Folón, declarados Bien de Interés Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia, un percorrido que combina natureza, patrimonio e esixencia física.

A proba de trail contará coma siempre con dúas modalidades: a Advance 21K e a Adventure 12K. Malia que non presenta un desnivel especialmente elevado, a constante muda de terreo, a orografía e a climatoloxía converterán ao Trail Adventure Muíños do Folón nunha carreira esixente que require unha boa preparación.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS