O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo públicos hoxe os datos do mes de decembro de 2025 do sector hoteleiro, que permiten realizar o balance económico do ano pasado para este segmento turístico e que revelan que rexistraron cifras económicas nunca antes alcanzadas. En concreto, a súa facturación incrementou un 5% o ano pasado, ata superar os 451M€.
Segundo indican desde a administración autonómica, “esta positiva evolución económica foi constante durante todo o ano, cando os ingresos hoteleiros medraron na meirande parte dos meses“. De feito, “destaca especialmente o incremento fóra de temporada alta, en meses como o de decembro, cando o sector hoteleiro pechou con 21M€ de ingresos, o que supuxo un 8% máis que o ano anterior”.
En outubro, os ingresos foron de máis de 41M€, un 3% máis que en 2024 e tamén destaca a positiva evolución dos ingresos hoteleiros en meses como abril, cando o sector hoteleiro galego ingresou máis de 31M€ só nese mes, o que supuxo un incremento de máis do 15% polo efecto da Semana Santa.
A situación económica foi tamén especialmente positiva durante o verán, cunha facturación de mais de 63 millóns de euros no mes de xullo nos hoteis e pensións galegos, o que supuxo un incremento de preto do 10% con respecto ao mes de xullo do año anterior. Os ingresos hoteleiros ascenderon a máis de 84M€ no mes de agosto, o que é un incremento de máis do 4% con respecto a 2024.g

