O Celta e a Fundación Celta, en colaboración da Federación Galega, entregaron os fondos recadados na campaña solidaria “Xuntos contra o lume” e que tivo o seu principal reclamo naquel encontro amigable en Balaídos entre o equipo de Primeira e unha selección de futbolistas ourensáns. O clube realizou un donativo de 81.054,12 euros destinados á recuperación das comunidades gravemente afectadas pola vaga de incendios forestais do pasado verán.
Marián Mouriño, presidenta do Celta, entregou os cheques que se destinarán a subvencionar proxectos chave en San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), Cualedro e Laza. En San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) o proxecto consiste na restauración da antiga escola coma centro social veciñal, aproveitando a madeira queimada. Esta transformarase na fábrica de CLT de Xilonor e, cos paneis resultantes, reconstruirase a escola empregando a propia madeira da Comunidade.
En Cualedro os cartos destinaranse á restauración edafolóxica, retirada de madeira, habilitación de pastos para o gando e recuperación de sistemas silvopastorais e en Laza utilizaranse para colaborar na construcción dun centro de día que a causa dos incendios quedou seriamente comprometido.
O Celta, a través da súa presidenta, insistiu no orgullo que supón poder axudar á xente afectada pola traxedia pero «devolveremoslle á nosa terra todo o que ela nos da. Cando a xente o precisa estamos todos a unha». Germán Arteta, director da Fundación Celta amosouse orgulloso desta campaña solidaria e destaca que “a fuerza do fútbol é moi grande e temos que empregala para este tipo de accións”.
“Xuntos contra o lume” foi un exemplo máis do compromiso social do Celta co presente e futuro de Galicia e que nos últimos años exemplificouse a través numerosas accións do equipo.

