Domingo, Marzo 1, 2026
HomeNewsActualidadeNava Castro preséntase ao congreso local do Partido Popular que se celebrará...

Nava Castro preséntase ao congreso local do Partido Popular que se celebrará en novembro

O vindeiro 2 de novembro celebrarase en Ponteareas o congreso local do Partido Popular de Ponteareas, co fin de escoller a presidencia do partido e, por consecuencia, o futuro ou futura candidata do partido de Ponteareas.

Segundo informou a actual alcaldesa de Ponteareas e candidata actual do Partido Popular, Nava Castro, será ela unha das candidatas á presidencia da agrupación local.

Por outra banda, a actual presidenta do Partido Popular de Ponteareas, Belén Villar, incide en que “a convocatoria desde congreso local é un proceso normal, co que se pretende renovar e reforzar o partido”.

Villar engade que “hai afiliados que me animan a seguir estando e liderando este proxecto” pero asegura que “busco unha integración e non unha división. Sempre fun unha persoa de partido”.

Polo de agora, a actual presidenta insiste en que “non pode afirmar nin desmentir que se vaia presentar” xa que “o comité foi convocado no día de onte”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS