Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeNewsActualidadeA Guarda reprograma o concerto de The Rapants para o 4 de...

A Guarda reprograma o concerto de The Rapants para o 4 de setembro

Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o Concello da Guarda viuse obrigado a suspender o concerto do grupo galego The Rapants co que pretendía “despedir o mes de agosto”.

A banda actuará, tras a reprogramación, o vindeiro xoves 4 de setembro, para “desfrutar das últimas xornadas antes da rutina do novo curso” aseguraban dende o goberno local.

A actuación terá lugar no antigo estadio do Tegra a partir das 22:30 horas e ás 21:30 horas dará comezo a sesión DJ previa de Cristian Pereyra.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS