jueves, agosto 28, 2025
InicioNewsActualidadeQuince persoas rematan no Porriño o curso formativo de Atención Sociosanitaria

Quince persoas rematan no Porriño o curso formativo de Atención Sociosanitaria

Un novo grupo de 15 persoas desempregadas do Porriño vén de formarse no curso AFD de Atención Sociosanitaria a persoas Dependentes en Institucións Sociais, que acredita a capacitación profesional para traballar neste sector, un dos que máis demanda rexistra a día de hoxe.

“Este curso é unha mostra do compromiso do Concello coas políticas activas de emprego, ofrecendo á veciñanza oportunidades de formación gratuíta, homologada e, o que é máis importante, cun futuro laboral real”, explica o alcalde Alejandro Lorenzo.

O curso iniciouse o 21 de marzo e inclúe máis de 450 horas de formación teórica e práctica. O alumnado completou con éxito as prácticas profesionais en distintos centros de día e residencias da contorna e agora xa está capacitado para traballar como coidador nestas entidades, xerocultor ou profesional de apoio en centros de atención a persoas con discapacidade.

A concelleira de Emprego e Formación sinala que este curso “está moi demandado no seu sector e supón unha gran oportunidade de formación gratuíta e de gran valor para o futuro profesional do alumnado, reforzando o compromiso do Concello do Porriño co emprego e coa mellora da cualificación da veciñanza”. Neste sentido, remarca que “catro participantes xa obtiveron unha oportunidade laboral inmediata no mesmo lugar onde realizaron as prácticas, o que confirma a alta empregabilidade deste sector”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS