jueves, agosto 28, 2025
InicioNewsActualidadeCatro personalidades compartirán as súas experiencias nos Encontros Inspiradores do Festival Boas...

Catro personalidades compartirán as súas experiencias nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes

Catro persoas mozas referentes na creación de contidos dixitais, da interpretación, do deporte e da moda compartirán as súas experiencias profesionais e persoais nos Encontros Inspiradores do Festival Boas Vibes. O Mirador da Alameda de San Domingos acollerá estas conversas o sábado 6 de setembro a partir das 12.00 h.

Contarase coa participación de Guillermo Carracedo, médico, campión de Europa e seis veces campión de España de paddle surf e tiktoker. Conta con 4,3 millóns de seguidores en Tiktok e 291 mil en Instagram, redes sociais onde divulga contido de surf, natureza, benestar, viaxes e estilo de vida.

A actriz coruñesa Isabel Garrido compartirá a súa experiencia tras traballar en series como Élite, El Jardinero, El desorden que dejas ou Acacias 38, ademais de múltiples e obras de teatro.

Tamén participará Raúl Lomba, cofundador da marca de moda surfeira galega Waves, cuxa identidade se basea no mar de Ferrol e na tradición mariñeira.

A creación de contidos en redes sociais estará tamén presente coa galega Fatisuki, streamer e creadora de contidos de humor, anime e videoxogos. Ela conta 122 mil seguidores en Tiktok e 54 mil en Instagram.

Os Encontros Inspiradores forman parte da programación do Festival Boas Vibes, creando un espazo de diálogo onde a mocidade poida coñecer os retos aos que estas catro persoas referentes tiveron que facer fronte, e compartir con elas e eles as súas experiencias. A programación completa pode consultarse en tui.gal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS