martes, agosto 26, 2025
InicioNewsActualidadeSalceda de Caselas recolle froita para alimentar aos animais das zonas queimadas...

Salceda de Caselas recolle froita para alimentar aos animais das zonas queimadas na Picoña

O Concello de Salceda de Caselas vén de solicitar á veciñanza a colaborar coa zona afectada polos incendios na Picoña. O obxectivo é ofrecer comida para os animais do monte que tras os lumes quedaron sen alimento e evitar así que baixen ás aldeas ou crucen as estradas en busca de comida.

Así, pídese á poboación que achegue ao baixo do Auditorio Municipal aquela froita pasada que queda nas árbores, que segundo indican dende o goberno local «remata por estragarse por non recollela a tempo». Deste xeito, aseguran que «con esta iniciativa axudamos a que os animais teñan alimento e ao tempo contribúese a mellorar o ecosistema».

A recollida realizarase este mércores 27 e o xoves 28 en horario de mañá no baixo do Auditorio Municipal. As persoas que desexen achegar froita, deberán entregala nun capacho co nome escrito, para poder recollelo ao día seguinte.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS