martes, agosto 26, 2025
InicioNewsActualidadeEris Mackenzie actuará no Festival Boas Vibes de Tui

Eris Mackenzie actuará no Festival Boas Vibes de Tui

Eris Mackenzie é un dos artistas que actuará no Festival Boas Vibes que se vai celebrar o sábado 6 de setembro, na Alameda de San Domingos. Cun son de indie-pop electrónico estará en concerto ás 22 horas pechando unha xornada chea de música e actividades para a mocidade.

Eris Mackenzie é o proxecto en solitario do galego Carlos Eirís. Autodidacta no ámbito musical, a través da súa paixón e inquedanza, quixo experimentar con distintos instrumentos e técnicas.

Na súa carreira como solista, Eris Mackenzie apóiase nun piano e nun ordenador para crear a súa música, que viaxa entre a electrónica, minimal e house fusión con tradicional galego.

Anteriormente foi fundador e integrante do grupo LORA, unha banda coruñesa creada no ano 2018 coa que gañou distintos premios musicais a nivel galego e nacional, ademais de ser finalista en concursos coma o Cooltural Fest de Málaga ou o Vodafone Yu Music Talent.

Eris Mackezie chegará o próximo 6 de setembro a Tui para no marco do Festival Boas Vibes, para interpretar temas como “Meu ceu”, “Lavadoiro”, “Dime se me queres”,… fusionando a música tradicional galega co minimal-tecno. A cita será na Alameda de San Domingos ás 22 h con entrada libre.

A programación completa do festival pode consultarse en tui.gal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS