lunes, agosto 25, 2025
InicioNewsActualidadeAndaina nocturna con probas e sustos nun barrio de Salceda para "amenizar...

Andaina nocturna con probas e sustos nun barrio de Salceda para «amenizar o mes de setembro»

A asociación xuvenil Nós Somos Nós, do barrio salcedense de Castro Barreiro organiza, un ano máis, unha andaina nocturna que contará con probas e sustos e cun percorrido de 8 quilómetros, aproximadamente.

O evento terá lugar o sábado 20 de setembro a partir das 20:30 horas e o punto de partida será o Centro Cultural de Castro Barreiro. As e os asistentes deberán levar lanterna e chaleco.

Para participar, é preciso crear un grupo de entre seis e doce persoas e as inscricións estarán abertas ata o 15 de setembro a un prezo de seis euros por persoa.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico asociacionnsn@gmail.com, na Cantina do Barreiro ou na Peluquería Conchi Pérez. Ao remate da actividade, a organización ofrecerá chocolate quente para todos os asistentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS