sábado, agosto 23, 2025
InicioNewsRueda pide manter o Exército para "conter" os incendios e lembra que...

Rueda pide manter o Exército para «conter» os incendios e lembra que «seguimos necesitando axuda»

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, sinalou hoxe a necesidade de manter cando menos a presenza do Exército na comunidade durante a fin de semana para «axudar en labores de contención e recanalización».

Na súa visita aos viñedos da Adega Tapias Mariñán afectados polo lume, en Verín, o titular do Goberno galego destacou que, se ben na provincia de Ourense a situación está “evolucionando de xeito positivo”, non se pode “baixar a garda” e que “seguimos necesitando axuda«.

Labores de contención

Neste sentido, Rueda agradeceu a presencia do Exército no terreo e sinalou que, segundo as recomendacións dos técnicos do CECOP, antes da desescalada de medios dedicados a combater os lumes, sería axeitada a presenza cando menos do Exército tamén durante a fin de semana dadas as previsións meteorolóxicas e para «axudar en labores de contención e recanalización antes das chuvias da vindeira semana, algo que están a demandar os concellos».

O presidente tamén se referiu ao impacto das lapas en zonas vitivinícolas “a poucos días da vendima”, xa que nalgúns casos serviron de cortalumes pero noutros “non foi posible salvalos”, e sinalou que a Xunta está a avaliar a extensión afectada e a reunirse coas Denominacións de Orixe.

Axudas

Neste eido, o titular do Executivo galego indicou que, ao igual que en todas as zonas afectadas, veranse beneficiados polas axudas que se lanzarán a semana que vén despois da realización dun Consello extraordinario en Ourense, previa avaliación da situación global das rexións e persoas damnificadas. Tal e como destacou Rueda, buscarase “poder pagalas canto antes”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS