martes, julio 22, 2025
InicioNewsA Xanela confirma a data de apertura do seu novo proxecto gastronómico...

A Xanela confirma a data de apertura do seu novo proxecto gastronómico en Ponteareas

Hai unhas semanas, o equipo conformado por Ángel Martínez «GELO» e Víctor Otero, creadores de A Xanela Gastronómica, anunciaban o que será o seu novo proxecto: O Catavento Garden Gastro.

A pesar de que nas súas redes sociais deixaban bastante espazo para a imaxinación, xa que non se anunciaba nin data de apertura, nin o tipo de local; as e os adeptos á Xanela Gastronómica tiñan claro que este sería o novo local de moda en Ponteareas.

Comentarios como «Que ben soa! Éxito asegurado», «Como vos botábamos de menos, desexando ir» ou «por fin» eran algúns dos que se podían ler entre os máis de 100 que acumula a publicación da súa apertura.

Agora si, a espera chega ao seu fin co anuncio da data de inauguración. O vindeiro 1 de agosto o Catavento Garden Gastro abrirá as súas portas nun local onde os seus deseñadores aseguran que haberá «música en vivo, terraza e aire de verán«.

Dende as súas rede sociais recordan que as mesas na terraza non se poderán reservar, mentres que para comer no restaurante poderán realizarse reservas dende o 28 de xullo a través do número de Whatsapp 886 216 997.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS