viernes, julio 18, 2025
InicioO PaísA CoruñaBaiona, Mondariz ou Ponteareas entre os concellos de Galicia que acadan o...

Baiona, Mondariz ou Ponteareas entre os concellos de Galicia que acadan o ouro en ‘Praias sen Fume’

A praia da Freixa, en Ponteareas, foi o escenario encargado de acoller a entrega de galardóns de ouro da iniciativa de Praias sen Fume promovida pola Xunta de Galicia.

Durante a mesma, estivo presente o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen salientou «o compromiso de 85 concellos da comunidade na loita contra o tabaco, cifra que eleva ata 249 as praias galegas sen fume«.

O titular da carteira sanitaria felicitou aos «48 municipios que reciben o diploma na categoría de ouro, por declarar todos os areais do seu concello como espazos libres de fume».

En concreto, dos 48 municipios galardoados na categoría de ouro, 17 son da provincia da Coruña, 10 da de Lugo, 8 de Ourense e 13 de Pontevedra.

Sendo os concellos de Cedeira, Cabanas, Corcubión, Laxe, Mañón, Noia, Oleiros, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo, Valdoviño, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Dumbría, Malpica de Bergantiños e Muros na provincia da Coruña. Barreiros, Cervo, Begonte, Castro de Rei, Chantada, Cospeito, Mondoñedo, Outeiro de Rei, O Saviñao e O Vicedo na provincia de Lugo; Bande, Avión, Castro Caldelas, Vilariño de Conso, Beariz, Laza, A Veiga e Castrelo de Miño de Ourense; e Cerdedo-Cotobade, Lalín, A Guarda, Baiona, Ponteareas, Pontecaldelas, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilaboa, Mondariz, Catoira e A Lama da provincia de Pontevedra.

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas, Raquel Plana, asegura que «para o Concello de Ponteareas formar parte desta iniciativa é unha aposta por conseguir espazos libre de contaminación, que axuda a concienciar á sociedade e mellorar a súa saúde».


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS