Os concellos das comarcas do Condado, Paradanta, Louriña e Baixo Miño ofrecen cantidade de plans e actividades para desfrutar desta fin de semana de xullo, do venres 18 ao domingo 20.
Festas, música e iniciativas para toda a familia. Estas son algunhas das ideas:
Venres 18 de xullo
Salceda de Caselas encóntrase en plena celebración das Festas do Cristo do 2025, con diversas actividades para todos os públicos durante toda a fin de semana.
Entre a programación destaca o IX Festival Vaia Cristo, o concerto de Dakidarría ou o acto cívico de Salcedenses Distinguidas/os.

A Feira do Viño do Rosal, que terá lugar durante toda a fin de semana, é unha oportunidade única para coñecer máis de preto a cultura vitivinícola, con actividades como catas, espectáculos infantís e obradoiros de cociña.

En Ponteareas, a artista Janet Novás presentará o seu proxecto She Night. O evento dará comezo ás 20:00 horas na Nave Aceros del Tea.

ldnalsdkm
Sábado 19 de xullo
Tomiño acolle a andaina «As pegadas do pasado no presente» que terá lugar o sábado de 10 a 12 horas.
A saída será dende a capela de Grixó de Tebra.

Tamén en Tomiño, actuará o artista galego Mondra na Praza do Seixo.
O concerto dará comezo ás 22:30 horas.

Domingo 20 de xullo
O Festival O Son do Tea continúa o seu ciclo coa actuación da Banda de Música de Xinzo. ÁS 12:00 horas dará comezo o pasarrúas e ás 12:30 horas o concerto nos Xardíns da Xiralda.

A Guarda renderá homenaxe aos seus maiores na Festa dos Avós.
O evento dará comezo ás 18 horas no Auditorio de San Benito.

A parroquia de Valeixe, na Cañiza, celebrará o II Serán de Verán.
O evento comezará ás 17:30 horas no Torreiro de Santa Cristina de Valeixe.
