A parroquia de Moreira, en Ponteareas, celebra este sábado 19 de xullo a súa Festa da Cervexa cun nutrido programa cargado de actividades musicais e tamén de gastronomía compartida. No centro cultural de Moreira sucederanse os concertos que comezan ás 12:00 horas con Adrede Solista Pop e continuan ás 17:30 horas con Manu Pereyra.
O turno de Black Lovers chega ás 20:00 horas, seguidos da Wilson Band ás 21:30 horas e do Caimán do Río Tea ás 23:00 horas. A música en directo fará un parón ás 00:00 horas para que o público goce da tirada de fogos artificiais pero a festa continuará ao remate do espectáculo pirotécnico e ás 00:005 horas terá lugar a sesión DJ. Unha xuntanza moteira completará o programa que nos fará desfrutar do verán este sábado na parroquia de Moreira.
Programa da Festa da Cervexa 2025 en Moreira
Música en directo:
- 12:00 h: Adrede Solista Pop.
- 17:30 h: Manu Pereyra.
- 20:00 h: Black Lovers.
- 21:30 h: Wilson Band.
- 23:00 h: Caimán do Río Tea.
Eventos nocturnos:
- 00:00 h: Tirada de fogos artificiais.
- 00:05 h: Sesión DJ
O tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, xunto á alcaldesa e concelleiros do goberno, arrouparon a presentación do cartel desta terceira edición. «O traballo das casas e centros culturais ten todo o noso recoñecemento porque desenvolven un papel fundamental na dinamización social, cultural e festiva e son capaces de cohesionar os barrios por iso dende o Concello non só lles tendemos a man, tamén tentamos sempre que é posible participar nas súas actividades».
“Case a metade da poboación de Ponteareas reside nas 23 parroquias do rural, as festas que organizan as casas e centros culturais prolongan as tradicións e promoven o encontro entre veciñas e veciños e iso é unha riqueza que sabemos valorar”, explica a alcaldesa.
