Mércores, Febreiro 25, 2026
HomeNewsActualidadeA Real Academia Galega incorpora "alfombreiro" ao dicionario

A Real Academia Galega incorpora “alfombreiro” ao dicionario

A Real Academia Galega (RAG) vén de anunciar que acepta a incorporación da palabra “alfombreiro” e “alfombreira” ao dicionario. Trátase dun recoñecemento ao labor das persoas que se dedican á realización de alfombras florais e a arte efémera, nomeadamente, no Corpus Christi de Ponteareas.

Deste xeito, O Seminario de Lexicografía da RAG acepta esta proposta que surxiu da Asociación de Alfombristas de Ponteareas e oficializa o término para referirse á “persoa que fai, amaña ou verde alfombras” tamén como adxetivo co significado de “relativo ás alfombras”.

Cando se publicará?

Segundo avanza a RAG nunha carta emitida, a decisión de incorporar a palabra “alfombreiro/a” tomouse o 19 de febreiro de 2025. Con todo, haberá que agarda para consultar esta voz na edición en liña do Dicionario da Real Academia Galega ata a próxima actualización que realice a insitución.

Corpus Christi 2025 en Ponteareas

Esta decisión chega ao municipio de Ponteareas cando queda algo máis dun mes para que se celebre unha nova edición do Corpus Christi 2025. Será o 22 de xuño cando a capital da comarca do Condado se engalane, de novo, coa súas alfombras florais e arte efémera grazas ao traballo incansable dos seus veciños e veciñas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS