Celebra o vindeiro sábado, día 11, a V Feira do Pan do Porriño que volve con xantar, música, obradoiros e, sobre todo, a tradición e os produtos das súas panaderías artesanais.
A quinta edición deste evento gastronómico, organizada pola Asociación de Panadeiros do Porriño e o Concello do Porriño, foi presentada hoxe no salón de plenos da casa consistorial. Asistiron ao acto de presentación o alcalde, Alejandro Lorenzo; os concelleiros de Comercio e Cultura, Antía Carrera e Bienvenido Estévez, respectivamente; o presidente da Asociación de Panadeiros do Porriño, José Manuel Fernández; representantes das oito panaderías participantes (Amaquía, Argibay, Chinchina, Erundina, Los Milagros, O Forno de Mosende, Progreso e Torneiros) e representantes de EFA A Cancela, Fátima Estévez (profesora) e María del Carmen Gil (presidenta), así como das entidades e empresas colaboradoras. Tamén estivo presente o escritor local, Diego Giráldez, que será o encargado de inaugurar a V Feira do Pan do Porriño coa lectura do pregón no seu barrio natal, San Bieito, que un ano máis acollerá o evento.
Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño:
José Manuel Fernández, residente da Asociación de Panadeiros do Porriño:
Diego Giráldez, pregoeiro:
Representantes da EFA A Cancela:
A apertura da Feira será ás 10.00 horas cando o son das gaitas anime as rúas para dar paso á inauguración oficial co pregón, ás 11.00 horas.
Ás 11.30 horas celebrarase o tradicional Show Cooking con Pan do Porriño a cargo de EFA A Cancela, que este ano chegará con sorpresas cun pequeno xesto contra a guerra, e de seguido degustación de pinchos a cargo de Segredos Gastro Bar.
Xa pola tarde, ás 17.30 horas, serán os nenos e nenas os que se poñan coas mans na masa para aprender a facer o seu pan no obradoiro Mini Pan. Ás 19.00 horas charla coloquio sobre historias do Pan do Porriño con Quico Paz Antón e Panadeiros do Porriño, seguida dunha degustación de embutidos e queixos do país a cargo de Embutidos Distapor e o concerto de Argonat Band (20.00 horas).
Unha das novidades deste ano será o fin de festa, cos concertos de KAF, ás 20.45 horas, e Tony Lomba, ás 21.45 horas.
Cabe destacar que este ano, en lugar dos postos por panadería, habilitarase un só stand de todos os panadeiros do Porriño onde poderemos adquirir os seus produtos.

