Salceda de Caselas acometerá as obras para a construcción do saneamento na parroquia de Entenza tras a confirmación das dúas subvencións concedidas pola institución provincial.
Así o vén de anunciar o deputado provincial, Alejandro Lorenzo, nunha visita ao municipio na que informou dos investimentos que a Deputación de Pontevedra realizará en Salceda de Caselas. Así, aos 700.000 euros xa adxudicados a través do Plan Extra para este cometido, súmanse outros 175.000 euros con cargo ao Plan + Provincia.
“O saneamento é unha labor importantísima, unha das demandas que mais teñen os concellos agora mesmo” aseguraba Lorenzo, deputado provincial. “Ten que ser unha prioridade, e así o demostran o Concello de Salceda e a Deputación de Pontevedra”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira celebra que “máis de 100 vivendas serán saneadas por fin gracias a esta aportación da Deputación de Pontevedra, pechando así unha débeda histórica con Entenza”.
Ao mesmo tempo, a rexedora local asegura que seguirán loitando por sanear todas as parroquias e informa que “xa está en marcha o saneamento do Cerquido e estamos a pelexar polo de Soutelo“.

