Venres, Febreiro 6, 2026
HomeComarcasO CondadoMáis dunha trintena de vacas para recuperar Godóns

Máis dunha trintena de vacas para recuperar Godóns

A familia Pardellas Domínguez crea riqueza no rural de Covelo con 35 cabezas de gando.

Recuperar os montes e as fincas de Godóns, en Covelo, protexer á zona dos posibles incendios forestais e crear emprego no rural. Todo isto é só unha parte do que consigue a familia Pardellas Domínguez con Ganadería Sesteiro, a súa nova forma de vida que chegou coa pandemia da COVID-19. Foi neste tempo cando “as cabezas non paraban de pensar”, segundo conta Isabel Domínguez, e decidiron, entre os catro, recuperar a tradición familiar de dedicarse a criar animais. Agora, están a uns días de abrir o seu primeiro negocio no centro do municipio.

Os veciños e as veciñas da zona cedéronlle os terreos que necesitaba a familia para poñer en marcha o proxecto a cambio de que os limparan e os acondicionaran. Foi entón cando comezou a andadura dos catro, as persoas máis novas que residen na parroquia, no mundo da gandería. Pronto terán unha carnicería propia, eliminando intermediarios, para vender de forma directa a carne. Unha carne que, amáis, conta co selo de calidade de Ternera Galega.

Yeray Pardellas, de 16 anos, “ten xa claro que se quere dedicar a isto 100%”, apunta a súa irmá, Isabel Pardellas, aínda que “eu sempre lle digo que se ten que formar primeiro”, matiza a nai Rocío Domínguez. Isabel, que ten 22 anos, estuda filoloxía na Universidade de Vigo “e cando chego de clase, voulle a axudar á miña nai coas vacas”.

Todo isto nun contexto no que a parroquia necesita afianzar poboación ao territorio porque “somos as persoas máis novas que vivimos aquí” polo que investir en 35 vacas supón, á vez, investir na repoboación do rural.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS