As concelleiras socialistas Chus Garrote e Vanesa Fernández visitan os estudos centrais de Si Radio para falar sobre asuntos de actualidade municipal.
“O PSOE de Ponteareas foi o único grupo que tivo unha posición clara sobre a ubicación do novo centro de saúde”. Así o aseguran as concellerias socialistas Chus Garrote e Vanesa Fernández nos estudos di Si Radio sobre a oferta que, finalmente, fai o Concello á Xunta de Galicia. As socialistas insisten en “abrir un proceso participativo para acadar o maior consenso social e político posible”.
Explican, de igual xeito, que debido “as limitacións da Consellería de Sanidade”, O PSdeG de Ponteareas “estudamos outros posibles emprazamentos conxuntamente co noso socio de goberno para poder ofertar unha parcela que siga a reunir as característicsa que para os socialistas consideramos imprescindibles”. Refírense á mobilidade, á conexión coa estación de autobuses e o custe cero para as arcas municipais, entre outras cuestións.
Podes escoitar a entrevista completa aquí:

