Feijóo deixará de ser presidente da Xunta de Galicia “nunhas semanas”. O relevo será un feito en maio pero o xa líder do PP nacional eludiu dar unha data a pesar da insistencia do BNG e do PSdeG no Parlamento para que acabe co “suspense” ao que ten a Galicia.
Feijóo:
Ana Pontón:
O debate na primeira sesión de control no Parlamento galego tras a elección de Feijóo como líder do PP nacional xirou sobre a súa marcha. A oposición, tanto BNG como PSdeG, esixiulle ao aínda presidente galego que desvele cando vai dar o relevo.
Feijóo defendeu o seu “amor” a Galicia e xustificou a súa marcha por “respeto” a Galicia.
Tanto Ana Pontón, do BNG como desde o PSdeG, Luís Álvarez, reclamaron que se desvele porque “Galicia non pode ter un goberno en suspenso” na “peor crise de prezos dos últimos 40 anos”.
Feijóo non compaxinará cargos e en semanas deixará de ser presidente de Galicia. En maio o seu relevo será efectivo. Con todo apelou a pechar o seu período de “reflexión” para unha sucesión que encadrou en “semanas”.
“Non vou tomar o tempo que vostede tivo”, respondeu a Pontón, en alusión ao proceso de reflexión que abriu a nacionalista sobre o seu liderado entre agosto e outubro do pasado ano.

