martes, abril 30, 2024
InicioComarcasO CondadoO Castelo de Sobroso abre as súas portas xa musealizado

O Castelo de Sobroso abre as súas portas xa musealizado

A xornada de inauguración do Castelo de Sobroso vestiuse de trasnos e seres do Bosque Atlántico.

O Castelo de Sobroso abre as súas portas co proxecto de musealización rematado. Inagurouno este luns a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, xunto con outros rexedores e rexedoras da comarca do Condado e da Paradanta,así como representantes do tecido cultural e social, medios de comunicación, blogueiras/os e instagramers de turismo, e de José Germán, neto de Alejo Carrera Muñoz, antigo propietario do castelo de Sobroso.

Así, es luns que calificaron de «día histórico» deron o pistoletazo da saída «á innovadora e tecnolóxica musealización que potenciará a toda a comarca e converterá nun dos grandes focos de atracción turística da provincia», segundo sinalaron.

A xornada de inauguración do Castelo de Sobroso vestiuse de trasnos e seres do Bosque Atlántico coa produción “Bosque Vivinte”, a cargo das actrices de Sarao Animación a través da cal criaturas da natureza de Sobroso deron á benvida ao público asistente. Da súa man, e da do director da musealización, Antoni Nicolau, as persoas convidadas coñeceron o proxecto desenvolvido no castelo, que, unido a Soutomaior, converte á provincia no único destino galego con espazos fortificados musealizados e adaptados ás novas tecnoloxías, para atraer así a visitantes que demandan experiencias únicas. “Somos –asegurou Carmela Silva- das poucas institucións que teñen feito este tipo de musealizacións que contan a historia dende o século XII con elementos e innovacións do século XXI”.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES