Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeComarcasO CondadoACIP pide ao bipartito de Ponteareas que solucione a "incerteza" de Ponte...

ACIP pide ao bipartito de Ponteareas que solucione a “incerteza” de Ponte Solidario

Juan Carlos Carrera pide que BNG e PSOE se senten a negociar a continuidade da asociación no local que ocupan no primeiro andar de Ponte Solidario.

Entrevista co líder de ACIP Juan Carlos Carrera:

Pola súa banda, a asociación Ponte Solidario confirma á redacción de Si Radio que poderá seguir no local ata xullo e que, a partir dese mes, segundo lles trasladou o Concello, terán que negociar coa Xunta de Galicia, que se fará cargo da Estación de Autobuses de Ponteareas “tras romper o Concello o acordo para o seu uso municipal con fins sociais”, tal e como explica a administración autonómica. A Xunta confirmou que xa lle “solicitou a entrega por parte do Concello da documentación necesaria para formalizar o traspaso, así como os contratos que permitan manter a actividade nos locais ocupados do primeiro andar ocupados con fins sociais”.

 

 

 

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS