Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsO PaísCesada a comisaria da Policía Nacional en Pontevedra por afirmar: "xa lles...

Cesada a comisaria da Policía Nacional en Pontevedra por afirmar: “xa lles gustaría a algunhas que as violase un antidisturbios”

A comisaria xefa da Policía Nacional en Pontevedra, Estíbaliz Palma, foi cesada tras filtrarse un audio no que, en referencia á actuación policial en Cataluña, afirmou ” xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)”.

Esta conversación, que foi difundida por eldiario.es, foi gravada nunha comida celebrada en Vigo en homenaxe a un axente da unidade UIP (antidisturbios) obrigado a xubilarse polas secuelas das feridas que sufriu durante os disturbios contra a sentenza do “procés”.

No acto, no que se proxectou un vídeo do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, dirixido ao axente, a comisaria referiuse ás críticas que recibiu a Policía polo seu papel nestes incidentes.

“Houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional transformouse e, de súpeto, violaba, maltrataba e non sei que cantas cousas facía máis, que xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)”, afirmou.

Fontes do Ministerio do Interior confirmaron que a Dirección Xeral da Policía tomou este luns a decisión de cesar á comisaria de Pontevedra que, segundo engaden, admitiría a veracidade dos audios publicados.

Palma reflexiona na súa intervención sobre as críticas que recibiu a actuación policial en Cataluña onde “houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional transformouse e, de súpeto, violaba, maltrataba e non se que cantas cousas facía máis”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS