Martes, Febreiro 17, 2026
HomeComarcasLouriñaO Celta presenta Galicia Sports 360 para a cidade deportiva de Mos

O Celta presenta Galicia Sports 360 para a cidade deportiva de Mos

O presidente do club, Carlos Mouriño, explicou que se trata dun proxecto que terá innovación, formación, investigación, ocio e multideporte, entre outras cuestións.

O Real Club Celta de Vigo presentou este mércores o proxecto Galicia Sports 360, unha factoría do deporte galego. Trátse dun proxecto, segundo explico o presidente Carlos Mouriño, que conxuga innovación, investigación, ocio e multideporte e para o que solicitarán que a Xunta de Galicia o considere de interese autonómico. Prevese un investimento de 70 millóns de euros e a creación de 200 postos de traballo.

En canto, aos posibles problemas que poidan xurdir cos comuneiros de Tameiga explico Mouriño que os trámites e permisos dependerá só da Xunta de Galicia. Insistiu o presidente en que é un proxecto que “supera localismos e personalidades” aínda que así admite certo temor a un “boicot” por parte do Concello de Vigo.

Escoita parta das declaracións do presidente aquí:

 

 

Pola súa banda, a rexedora de Mos, Nidia Arévalo, calificou de “bomba de osíxeno de emprego e de economía” para o municipio:

 

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS