HomeO PaísA CoruñaFolga da recollida do lixo na cidade da Coruña

Folga da recollida do lixo na cidade da Coruña

Non houbo acordo este xoves na reunión entre os sindicatos, a empresa e o goberno da Coruña, así que os traballadores convocaron unha folga. Algunhas zonas da cidade aínda teñen colectores a rebordar de lixo a pesar de que o Concello contratou unha empresa de reforzo tras declarar a emerxencia sanitaria.

 Inés Rey:

O Concello d Coruña está en emerxencia sanitaria e contratou un servizo de reforzo, os operarios están a recoller unha media de 350 toneladas de lixo ao día. O triplo do que se recollía ao inicio do conflito.

A alcaldesa Inés Rey asegura que “se está a recoller a media das toneladas que se estaban a recoller nos días anteriores a este conflito”. E asegura que “tamén se está a aumentar a recollida porque se reforzaron as quendas. Calculamos que nun par de días a situación poida estar normalizada e o noso desexo é que se normalice canto antes”.

Os representantes dos traballadores do servizo de limpeza viaria e a empresa concesionaria non chegaron a acordo na reunión que mantiveron na tarde do xoves e os traballadores anuncian que convocarán folga. 

Este venres detallan a convocatoria.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS