martes, enero 20, 2026
InicioComarcasLouriñaContos de primavera, de poesía e maxia con Paula Carballeira

Contos de primavera, de poesía e maxia con Paula Carballeira

Será este venres, 4 de marzo, ás 18.00 horas no centro cultural do Porriño.

Como cada primeiro venres de mes, dende xaneiro e ata maio, a biblioteca municipal do Porriño organiza “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos”. Unha nova sesión de animación á lectura a cargo de Paula Carballeira.

Paula dedícase a contar. Vai polo mundo recollendo contos. Trae os contos que foi atopando, e vainos contando. Escolle cada palabra, cada canción, cada xogo, porque nunha sesión de contos temos todo o tempo do mundo para desfrutalo mentres dura.

Cada catro lúas, chega ao Porriño con contos novos. En xaneiro, contos de inverno. En febreiro, contos de bromas, de disfraces, de Entroido. En marzo, contos de primavera, de poesía, de maxia. En abril, contos deses que inventaba H. C. Andersen en Dinamarca. E en maio, contos de aquí, letras que coñecemos, lugares misteriosos dos que non sabemos.

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS