HomeNewsO PaísGalicia aumenta os ingresos COVID pero baixa en contaxios

Galicia aumenta os ingresos COVID pero baixa en contaxios

Galicia ten arestora 620 persoas ingresadas nos seus hospitais por COVID-19, aumentaron os ingresos en planta en 38 na última xornada; hai 582 en planta e 47 en UCI. Con todo os contaxios baixaron a 4.288, reducíndose os casos activos en todas as áreas. O pico da sexta vaga parece confirmarse.

Alberto Núñez Feijóo:

En Galicia hai 71.376 persoas con coronavirus, tras recibir a alta médica máis de 4.000 persoas e rexistrarse nas últimas 24 horas, 4.288 novos contaxios. 

Todas as áreas sanitarias baixan polo tanto os seus casos activos: 

A Coruña: 15.114 (-700)

Vigo: 18.876 (-1.370)

Ourense: 7.350 (-403)

Santiago: 10.811 (-569)

Lugo: 7.266 (-355)

Pontevedra: 8.508 (-522)

Ferrol: 3.451 (-290)

En cambio nos hospitais aínda non chegamos ao pico de ingresos. Na última xornada houbo 38 novas hospitalizacións logo de que o sábado houbera outras 90 novas. Isto tradúcese nun aumento da presión nos hospitais con 620 hospitalizacións, 582 en planta e 47 en coidados intensivos.

O Sergas notificou seis decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 2.881 falecementos desde o inicio da pandemia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS