Venres, Febreiro 13, 2026
HomeNewsComarcasA Igrexa de San Fins de Lougares é o escenario para o...

A Igrexa de San Fins de Lougares é o escenario para o teatro en Mondariz

O concello de Mondariz organiza a representación do Segundo Obradoiro de Teatro Comunitario “Historias da historia Lougariñá” este domingo 29 de decembro ás 18:00 horas na Igrexa de San Fins de Lougares.

Estes obradoiros están organizados polo concello de Mondariz e impartidos por Giovanni Peixoto, veciño da parroquia de Sabaxáns. Neste caso participantes coa axuda do seu director ” transforman as historias cotiás en teatro vivo” segundo explica a administración local.

Tamén destacan que “estas iniciativas foron creadas para promover a expresión artística e manter vivas as historias que conforman nosa identidade cultural” destacan dende o Concello. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS