Domingo, Febreiro 1, 2026
HomeComarcasO CondadoAcip denuncia "o estado lamentable dos aparcadoiros públicos"

Acip denuncia “o estado lamentable dos aparcadoiros públicos”

Os independentes de Ponteareas critican a “falta de previsión do bipartito que provoca esta situación en plena época de Nadal”.

O grupo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas denuncia, nun comunicado, “a situación catastrófica na que se mantiveron todos os aparcadoiros públicos da cidade durante a época de Nadal” e engaden que, amáis, “non contan cun mantemento adecuado nun momento de vital importancia anual para o noso comercio”.

Apuntan que a responsabilidade é “a nula planificación e a inexisente comunicación dentro do equipo de goberno” e piden que a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, solucione o problema.

Entienden os independientes que “non se pode realizar o asfaltado dos mesmos ao seren parcelas que non teñen titularidade municipal, pero si pedimos explicacións ante esta falta de traballos e esiximos a inmediata reparación de todos os aparcadoiros municipais, puntos de gran importancia no desenvolvemento diario de Ponteareas.”

Crítica á campaña de Nadal

Dende ACIP, denuncian tamén que o goberno de Ponteareas non preparou unha campaña de promoción do comercio local con tempo. Fixerono “cando xa pasara a celebración de Noiteboa, unha das datas de maior incremento de facturación”.

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS