A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, invitada polo Cabildo da Catedral da Almudena, desprazouse este pasado domingo a Madrid para elaborar unha alfombra de flores con motivo da Profesión da Virxe da Almudena.
A alfombra ten unhas dimensións de nove metros de diámetro e uns 70 metros cadrados, reproduce a imaxe da Virxe co neno. O tapiz foi deseñado por Andrea Estévez, Estela Martínez Pérez, Bruno Testi e Miguel García.
Con motivo de render homenaxe ao pobo valenciano, as cores empregadas para a confección da orla que rodea a imaxe foron o azul, marcado pola hortensia, o amarelo do pampullo e o vermello da buganvilla, configurando así as tonalidades da bandeira valenciana.

