Galicia comeza unha nova semana baixo a influencia das altas presións, o que favorece un tempo estable. Deste xeito, agárdanse para este luns ceos con nubes e claros que deixarán algún chuvasco de forma ocasional na zona norte pola mañá. Nas zonas de interior haberá néboas matinais. Ao longo da tarde, espérase que as nubes desaparezan e os ceos estean despexados.
En canto ás temperaturas, as mínimas sufriron un pequeno descenso mentres que as máximas non terán cambios significativos ao longo da xornada e se manterán entre os 12 e os 20 graos. Os ventos soprarán do nordés, con intensidade moderada en xeral, excepto na Costa da Morte que se esperan intervalos fortes na segunda metade do día.
Pola contra, «as temperaturas descenderán bruscamente entre o martes e o mércores e no leste podería nevar por riba dos 1200 metros de altitude» segundo informa Meteogalicia.