O Centro Galego de Valencia está xa en marcha para iniciar unha rede de colaboración para axudar aos galegos e ás galegas que se atopan na Comunitat Valenciana e que sufriron as consecuencias da DANA.
O presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, explica en Si Radio, que a situación que se viviu “foi tráxica” e que “en apenas unha hora a auga entraba xa polas casas“. Ademais, indica que “estabamos pendentes de socios e socias que non contestaban ao teléfono, pero, finalmente xa tivemos resposta”. Agora, “falta localizar a un deles, pero cremos que se atopa en bo estado”.

