Martes, Febreiro 17, 2026
HomeNewsActualidadeSegunda sentenza contra o "catastrazo" en Salceda de Caselas

Segunda sentenza contra o “catastrazo” en Salceda de Caselas

A sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha sentenza que anula, novamente, a revisión catastral emitida polo Ministerio de Hacienda en 2021 en Salceda de Caselas, un caso coñecido como o “catastrazo”.

Este feito, segundo indican dende o despacho de avogados da Plataforma Veciñal contra o Catastro “obriga ao Concello a devolver os 1,3 millóns de euros que cobrou a máis de 5000 veciños, ao entender como urbanos a efectos fiscais terreos calificados como rurais”.

A asesoría legal, convoca a todos os afectados e afectadas a unha reunión informativa o próximo xoves día 17 de outubro ás 20:00h no Auditorio de Salceda.

O Goberno Local, pola súa banda, aclama “á prudencia”, e manifesta que “cada caso é diferente, e que cada sentencza tan só anula a revisión catastral dun caso en concreto”.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, afirma que “o Concello de Salceda non foi notificado de dito erro xudicial”, e que, no pasado mes de febreiro o Concello solicitou ao TSXG a nulidade da primeira sentenza que fallou en contra do “catastrazo” por “evidente indefensión”, posto que “a pesar de ser parte interesada, non foi notificada na causa”. Dita petición, foi denegada.

A nova sentenza, ditada pola mesma sección que a anterior e co mesmo argumento, emite que aos titulares non se lles pode esixir o pago do IBI como se os terreos se tratasen de fincas urbanas, e, en relación coas liquidacións xa realizadas, obrigará á ORAL e ao Concello de Salceda a devolver os importes das subidas do IBI nos últimos anos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS