jueves, noviembre 7, 2024
InicioConcellos +ArboArbo inicia o prazo de participación do V Certamen de Fotografía da...

Arbo inicia o prazo de participación do V Certamen de Fotografía da LXV Festa da Lamprea

O obxectivo do concurso é premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste concello

O Concello de Arbo convoca un ano máis o V Certamen de Fotografía “LXV Festa da Lamprea”, para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer. Ademais de resaltar a Festa da Lamprea, declarada de interese turístico nacional no ano 2016, que esta prevista para os días 25, 26 e 27 de abril de 2025. De este modo, premiaranse as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste concello.

Arbo é coñecido por ser un lugar de excelencia gastronómica grazas á lamprea que chega a por o Río Miño. Ademais, destaca polo viño, un das Rías Baixas máis extraordinarios, que logra premios alí onde se presenta. Este produto xorde dun microclima único para o cultivo da vide e dun saber histórico de viticultores e adegueiros. Esta sabedoría trasladouse agora á produción de miles de botellas cos procesos máis avanzados.

Condicións do V Certamen de Fotografía

A temática será a LXV Festa da Lamprea e deberá reflectir o que simboliza a Festa da Lamprea para Arbo. Valorásese a creatividade, a orixinalidade e a inclusión de valores culturais, patrimoniais e etnográficos relacionados coa Lamprea e Arbo. Os que desexen participar no certamen, deberán enviar as fotografías ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com. Ademais, poderase presentar ata un máximo de tres fotografías que deberán ser propiedade do autor que as presente ao concurso.

Os traballos presentásense a partir do día seguinte da publicación nas redes sociais e páxina web da Festa. O prazo para presentar as fotografías remata o 15 de marzo de 2025. O primeiro premio será unha fin de semana en Arbo para dúas persoas e o segundo clasificado será obsequiado cunha comida nun dos restaurantes do municipio e un lote de viño das adegas da vila. Así mesmo, o terceiro gañará un Pack Especial de botellas das adegas de Arbo.

As fotos recibidas en tempo e forma, serán avaliadas por un xurado composto por un representante dos distintos ámbitos sociais e culturais do Concello de Arbo. Así como polo arquitecto municipal, polo alcalde ou persoa en quen delegue, pola Concelleira de Participación Cidadá e por un traballador do Concello de Arbo. Este último actuará como secretario do xurado que terá voz, pero non voto, e cuxas deliberacións e conclusións deixásense constancia nunha acta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS