A ANPA do CEIP Mestre Ramiro SAbell Mosquera de Ponteareas vén de reclamar a reparación do ascensor nas instalacións do colexio porque “esta situación afecta gravemente aos alumnos con necesidades especiais, especialmente a aqueles que empregan cadeiras de rodas, limitando o seu acceso a distintas dependencias do colexio”.
Critican que está fóra de servizo desde o mes de marzo polo que realizan un “chamamento urxente á Consellería de Educación da Xunta de Galicia para que tomen as medidas necesarias e reparen o ascensor de xeito inmediato”.
Neste contexto, o Concello vén de comunicar que “a Consellería de Educación contrata o arranxo do ascensor do CEIP Mestre Ramiro Sabell por preto de 10.000 euros. Ademais, apuntan nun comunicado que “respondendo á demanda trasladada ao concelleiro Ricardo González solicitou ante inspección educativa axilizar os trámites para a contratación das obras que ascenden a 9.833,42 euros”.
Pola súa banda, a administración local adianta que “nas viendeiras semanas a empresa realizará os traballos precisos para reparar os danos causados por unha treboada e informa que se executarán as intervencións precisas jpara adaptalo á normativa actual”.

