Xoves, Febreiro 19, 2026
HomeNewsComarcasRibadavia prepárase para acoller este fin de semana o festival "Arteficial"

Ribadavia prepárase para acoller este fin de semana o festival “Arteficial”

O sábado, 7 de setembro, terán lugar as actuacións e activiades programadas no marco do evento

O concello de Ribadavia vén de celebrar unha das festas máis importantes da comarca do Ribeiro, as Festas da Istoria. Despois de viaxar ata a Idade Media, a localidade ourensá prepárase para acoller a XVIII Festival Arteficial.

Un evento totalmente gratuíto co que buscan poñer no foco da cultura galega a comarca do Ribeiro a través de dúas xornadas, onde as diferentes disciplinas artísticas concéntranse no municipio coas propostas máis innovadoras do momento.

Ademais, o festival pretende ensinar ao público pola música emerxente tanto a nivel galego como a nivel nacional. De feito, a organización do evento, que corre a cargo da asociación sen ánimo de lucho “Arteficial”, defínense como “un dos pioneiros” á hora de apostar polas novas voces.

Desta forma, e tras o éxito das anteriores edicións, volven este fin de semana a Ribadavia. O venres, a partir da 19:00 horas no Museo Etnolóxico, terá lugar a inauguración da exposición coa colaboración da Escola Sinsal que ten como título “As historia da música gravada en Galicia”, e unha horas despois na Praza García Boente haberá unha picada de discos con cassetes.

Pola súa parte, a xornada do sábado, 7 de setembro, é a que condensa a gran parte da programación deste evento cultural.

Programación do sábado en “Arteficial”

  • 12:00 dende a igrexa de San Francisco á praza da Madalena, haberá un desfile de xigantes e cabezudos de Ribadavia xunto coa música do grupo Airiños de Arnoia.
  • 13:00 no patio interior do Museo Etnolóxico, desenvolveranse actividades infantís.
  • 13:00 no Escenario Mirador Avia, terá lugar o DJ set de Isaac Pedrouzo. Escritor e DJ de Ourense. Para participar é necesario inscribirse.
  • 13:30 na Igreza da Madalena, actuación de Mbye Ebrima. Compositor, cantante e narrador procedente de Gambia e afincado en Portugal.
  • 14:30 na Praza Buxán, actuación de Abril. Un grupo vigués que traballan na mezcla de melodías tradicionais galegas e ibéricas.
  • 15:30 no Escenario Mirador Avia, DJ set de Paula RR. A súas sesións buscan conectar xéneros musicais como o post punk ou o reggaeton.
  • 16:30 na Praza Buxán, actuación de MUD. Banda ourensana que xurdiu a comezos do 2020 e defínense como unha “banda de metal funk progresivo”.
  • 17:25 no Escenario Mirador Avia, terá lugar o DJ set de Isaac Pedrouzo.
  • 18:25 na Praza Buxán, actuación de Auto Sacramental. Un proxecto do madrileño, afincado en Santiago de Compostela, Jorge Mills, que a través da ironía e da sátira política mostrarán os seus novos temas.
  • 18:30 na Praza García Boente, celebrarase unha actividade interxeracional “O baile: do tradicional cara todas as idades”. Para poder participar é necesaria a inscripción (podes facer clic aquí).
  • 19:25 no Escenario Mirador Avia, DJ set de Paula RR.
  • 20:15 na Praza Buxán, actuación de Charnego. Grupo madrileño formado por Pablo Garnelo, Marco Lipparelli, Álvaro Marcos e David Moralejo, todos con proxectos anteriores que se uniron para crear a banda.
  • 20:55 no Escenario Mirador Avia, terá lugar o DJ set de Isaac Pedrouzo.
  • 21:55 na Praza Buxán, actuación de Toldos Verdes. Unha banda de catro madrileños que se definen como “kinkis & románticóns”.
  • 23:00 no Escenario Adro Oliveira, show con Karaoke con Esteban. Unha actividade dirixida a todas as idades para desfrutar cantando dos mellores temas.
  • 00:00 horas no Escenario Adro Oliveira, actuación de Rompecinturas Selektor.

Podes consultar máis información sobre o Festival Arteficial na súa web.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS