HomeNewsO País43 novos talentos da Moda amosan as súas propostas en Despunte

43 novos talentos da Moda amosan as súas propostas en Despunte

Este xoves, 29 de febreiro, Despunte celebra a súa XIII Edición adquirindo, por primeira vez, formato gala

Será a partir das 19.00 horas cando os futuros nomes do deseño de moda galego demostrarán o seu bo facer sobre unha pasarela montada para a ocasión na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Despunte abrangue as coleccións de 25 Traballos Finais de Estudos do alumnado que vén de graduarse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. O obxectivo principal de facelo en formato desfile é presentar esta nova remesa de talento a representantes do eido profesional.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS