HomeNewsActualidadeO Porriño formaliza a súa adhesion á residencia proxectada pola Xunta de...

O Porriño formaliza a súa adhesion á residencia proxectada pola Xunta de Galicia no municipio

O Concello do Porriño acollerá unha das residencias de maior capacidade do novo plan de infraestruturas sociosanitarias da Xunta de Galicia. O municipio contará cun centro principal que disporá de arredor de 115 prazas, o cal funcionará de xeito coordinado cun centro satélite de menor tamaño localizado no concello de Baiona para optimizar os servizos e recursos da zona.

A formalización da adhesión do Porriño a este proxecto contou coa presenza do seu alcalde, Alejandro Lorenzo, no acto instituciona celebrado en San Cibrao das Viñas, encabezado polo presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, xunto á conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García. Durante a xornada, Rueda avanzou que o 100% dos concellos seleccionados xa asinaron a súa incorporación a este plan aprobado polo Consello da Xunta.

Logo de coñecer os detalles do proxecto, Alejandro Lorenzo mostrouse ilusionado e asegurou que “queremos ter preto aos nosos maiores, son as nosas raices”.

Coa sinatura completada, as administracións locais dispoñen agora dun prazo dun ano para facer efectiva a cesión dos terreos públicos onde se edificarán os complexos. Pola súa banda, a Xunta asumirá a tramitación e desenvolvemento das obras mediante un modelo de colaboración público-privada que garante que, como mínimo, o 60% das máis de 1.800 novas prazas creadas en toda Galicia sexan de titularidade pública autonómica.

A selección do Porriño e dos outros 24 concellos galegos responde a “parámetros obxectivos” como ter unha poboación inferior aos 25.000 habitantes, unha elevada taxa de envellecemento e a falla de prazas residenciais públicas para persoas con grao II e III de dependencia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS