HomeNewsActualidadeO tradicional roteiro nocturno de Samaín de Salvaterra estrea novo percorrido

O tradicional roteiro nocturno de Samaín de Salvaterra estrea novo percorrido

O Concello de Salvaterra de Miño organiza, un ano máis, o Roteiro Nocturno de Samaín, unha actividade que se realiza cada ano na noite do 31 de outubro e que esta edición contará cun novo percorrido. A xornada está pensada para nenos e nenas maiores de 10 anos e persoas adultas.

As inscricións abrirán este xoves, 8 de outubro, e o único requisito para participar é aportar un produto de hixiene ou non perecedoiro para o banco de alimentos. 

Dende a organización acocnsellan ás persoas participantes ir caracterizadas acorde á temática. O percorrido comezará na Praza do Concello e rematará no mesmo lugar, onde os participantes poderán tomar un chocolate quente á súa chegada.

A saída do primeiro grupo comezará ás 19:00 horas e realizarase de forma escalonada en grupos de máximo 23 persoas. Cada grupo deberá seguir as indicacións do percorrido para chegar ao final do roteiro.

As inscricións estarán abertas ata cubrir as prazas e realizaranse a través da web www.barafunda.es/roteiros/roteiro-samain-2026-salvaterra. Ademais, serán adminidas por orde de inscrición.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS