A Consellería de Sanidade vén de ratificar que hai tres casos confirmados de sarampelo no ano 2026, un corresponde ao inicial notificado o 23 de xullo, con orixe “probablemente importada”. Os outros dous casos correspóndense a contactos estreitos deste caso inicial e, por tanto, considéranse relacionados coa importación.
Dende a Consellería de Sanidade lanzan unha mensaxe de tranquilidade e aseguran que “o risco para a poboación galega continúa sendo moi baixo” e destacan que o sarampelo é unha enfermidade moi contaxiosa, que se prevén de forma moi eficaz mediante a vacinación.
A vacina está incluída no calendario sistemático de vacinación, e trátase da principal medida de protección individual e colectiva. Con todo, Sanidade destaca que Galicia “mantén elevadas coberturas de vacinación infantil fronte ao sarampelo”; cunha porcentaxe maior ao 95%.

