Un mariñeiro perdeu a vida este martes ao sufrir un accidente laboral mentres navegaba a bordo dunha embarcación pesqueira que pescaba na Costa da Vela, na península do Morrazo.
O falecido atopábase na embarcación “Praia de Cesantes”, que atracou esta madrugada no Porto de Vigo co cadáver a bordo.
As causas están sendo investigadas pola Policía Xudicial da Garda Civil, e tras o levantamento do cadávez, será practicada a autopsia que determinará as causas da morte.

