HomeConcellos +A CanizaObradoiro de pan e de preparación do «Bocata de xamón xigante» para...

Obradoiro de pan e de preparación do «Bocata de xamón xigante» para toda a familia na Caniza

O Concello da Caniza conta as horas para celebrar o seu tradicional obradoiro familiar de pan e a preparación do Bocata de xamón xigante, no marco da Festa Feira do Xamón. O evento terá lugar o xoves 13 de agosto, a partir das 18 horas, na rúa Oriente, diante da Casa do Concello.

Por unha banda, os máis pequenos da casa poderán participar no «Obradoiro de Pan», unha actividade pensada para achegar os nenos e nenas ao proceso tradicional de elaboración do pan. Durante o obradoiro aprenderán a preparar a masa, poderán darlle formas diferentes e curiosas e coñecerán o proceso de enfornado.

Ao mesmo tempo, terá lugar o Obradoiro do Bocata de Xamón, no que se elaborará o bocadillo xigante. Nesta edición, o reto será superar as marcas acadadas en 2025, cando se conseguiu elaborar un bocadillo de xamón de 20,90 metros e cortar dunha soa peza unha loncha de xamón de 27 metros.

Para esta nova edición, procederase ao corte dun xamón e á elaboración e cocción dunha barra de pan xigante dunha soa peza, que posteriormente servirá para preparar o gran bocadillo de xamón. Ademais, a xornada completarase coa elaboración dunha rosca doce xigante.

A participación nas actividades será libre e gratuíta.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS