Un garda civil de Ferrol asasinou este mércores á súa exparella, outra axente do corpo destinada no municipio de Llanes, en Asturias.
O home entrou no cuartel do instituto armado da localidade e disparou contra a muller, momentos antes de ser abatido polos disparos efectuados polos seus compañeiros para paralizar a agresión.
Segundo indicaron fontes próximas á investigación o agresor, de 49 anos e separado do servizo, tiña expedientes abertos por violencia machista. O home, accedeu ao cuartel pouco antes das 13:30 horas co obxectivo de disparar mortalmente contra a súa exparella, de 50 anos de idade.
Durante a cruzada de disparos, un tenente resultou ferido grave de vala nunha perna, así como o presunto autor dos feitos que faleceu na UVI móbil na que estaba a ser evacuado polos servizos sanitarios.
Segundo as mesmas fontes aseguraron, o autor dos feitos recibira había uns días a resolución de separación do servizo e que por ese motivo non dispuña da súa arma regulamentaria. Os indicios apuntan a que a arma coa que consumiu a agresión foi roubada ou ben nos armarios do cuartel ou ben a algún compañeiro.
Os feitos
O agresor entrou ao cuartel por un lugar distinto á porta principal, grazas ao coñecemento que tiña do lugar ao estar nun pasado destinado alí. Tras achegarse á muller, disparoulle antes de intentar fuxir perseguido por un tenente do corpo, que resultou ferido grave ao recibir un balazo nunha perna.
Tamén un brigada do cuartel intentou repeler a agresión e evitar a fuxida disparando contra o suposto asasino, ao que as feridas recibidas causáronlle a morte posteriormente.
Sistema de VioGen
A axente asasinada atopábase no sistema de VioGén por denuncias de malos tratos e tiña un fillo de 18 anos e dúas xemelgas de 14 co seu agresor.
A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero xa anunciou que investiga este caso violencia machista e, de confirmarse como tal, serían 34 mulleres as vítimas mortais da violencia de xénero no que vai de ano, 1.375 desde 2003.
Axuda contra a violencia machista
As vítimas da violencia machista e a súa contorna poden pedir axuda en distintos recursos activos todos os días da semana e as 24 horas do día: o teléfono 016, o correo electrónico 016-online@igualdad.gob.es e a canle do WhatsApp no número 600 000 016.
Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, se non é posible facer esa chamada, en caso de perigo existe tamén a opción de activar a aplicación ALERTCOPS, que envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización.

